Financiado por Alcaldía de Vigo y Servicio de Normalización Lingüística

Xunta Directiva

Con anterioridade ó 25 de abril do ano 2009, a revista “LAVADORES” publicaba na súa editorial firmada por Emilio Pazos, que presidía o que parecía unha comisión xestora da Asociación, a súa intención de abandoar o cargo. Unha vez que ofreceulle o seu cargo a tódolos directivos, expresidentes, monitores,… e ninguén quería facerse cargo da entidade veciñal. Esto mesmo dicíase pola megafonía da AVCD Lavadores.

Era unha situación difícil debido ao abandono e que ninguén quería facerse cargo da Asociación; sendo valorada a proposta de entregala ao Concello.

Foi entón cando un directivo, Jose González, falou cun veterano socio da entidade veciñal, que ata esa data estaba involucrado en tarefas de responsabilidade política, sindical e social, para propoñerlle que se fixese cargo da Asociación; pois ninguén o faría, co serio perigo de desaparición da entidade veciñal.

Despois de reflexionar sobre a proposta feita polo seu amigo Pepe, aceptouna coa responsabilidade que conleva. Así na Asemblea Ordinaria do 25 de Abril do 2009, con pouca asistencia de socios e socias, ao ver que ninguén se presentaba, el presentou a súa candidatura á presidencia da entidade veciñal. Na súa exposición, explicou a súa traxectoria de compromiso e pediu a máxima colaboración para “levantar” a Asociación e devolverlle a situación que lle correspondía; é dicir, estar entre as mellores.

Leer más