A Asociación Veciñal, ríxese por uns Estatutos, que no seu día foron aprobados pola Asamblea de Soci@s, e en eles enmárcanse os obxectivos, e regúlase o seu funcionamiento.
A Asemblea é o órgano de decisión máximo e pode ser ORDINARIA E EXTRAORDINARIA. A Asamblea Ordinaria celébrase anualmente e a Extraordinaria tén que ser convocada pola Xunta Directiva ou ser solicitada como mínimo polo 30% dos soci@s con dereito a voto.
Entre as Asambleas, a capacidade de decisión a tén a Xunta Directiva, a cal reúnese como mínimo unha vez ao més. A Xunta Directiva está composta polo PRESIDENTE/A, VICEPRESIDENTE/A, SECRETARIO/A, TESOUREIRO/A E VOCAIS DE CULTURA, DEPORTES, ASUNTOS SOCIAIS, URBANISMO, FESTAS E EVENTOS, MANTEMENTO, IGUALDADE E MOCEDADE.
Entre os obxectivos e fines da Asociación e dos Estatutos recóllense: o dereito dos cidadáns a unha vivenda digna, a defensa do Ensino Público e gratuito, defensa da Sanidade pública, Igualdade entre homes e mulleres, defensa das Liberdades públicas, tanto individuais como colectivas, defensa do Medio Ambiente e do Patrimonio Artístico e Cultural.
Os Estatutos recollen, ademáis, a eliminación dos desequilibrios entre os barrios, a defensa do Idioma Galego, a mellora da calidade de vida, a defensa dos intereses dos veciñ@s en todo aquilo que lle afecte, a defensa dos dereitos de tódol@s maiores e nen@s, dos marxinados, etc.
Unha das tarefas importantes da Asociacin é a de vertebrar o tecido social das parroquias para ter maior nivel de esixencia diante das diferentes Administracións.
A Asociación Veciñal dispón dunha pista Polideportiva onde pódense prácticar diferentes deportes: baloncesto, tenis, voleibol, balonmán, fútbol sala e outros deportes similares; conta ademáis cun Salón de Actos para eventos e actividades e tén pavillons para a práctica de actividades, entre as cales atópase Tenis de Mesa. No exterior dos pavillóns, conta ademáis cunha zona para a práctica de Petanca e Chave.
Dentro das instalacions da AVCD Lavadores temos que salientar os fermosos xardíns, que posúen un estanque, unha lonxeva palmeira para rematar nun ceador que serve asemade como mirador ou rincón de pensamentos.
A cafetería permítenos calmar a nosa sede, ter conversas sobre todo tipo de temas e ser un lugar de encontro para todos. Pois ten un acolledor espazo interior e unha fermosa terraza.
A Asociación Veciñal tamén conta cunha Ludoteca para cativ@s de 6 a 12 anos (que da servizo a máis de 200 nen@s) que está aberta durante 11 meses ao ano. No mes de xullo, faise o campamento urbán en duas quendas e que ten a prazas para 30 nen@s en cada quenda; asemade seguen as actividades na ludoteca para o resto dos nen@s que non asisten o campamento.
As actividades que organiza a Asociación son numerosas, entre elas destacan: Baile Galego, Bailes de Salón, Danza do Ventre. Bolillos, Corte e Confección, Escola de Gaita, Manualidades, Pandeireta, Piano, Ximnasia Rítmica, Ximnasia de Mantemento, Tai-Chi, Ioga, Pilates, Patchwork, Clases de Primaria de Ciencias e Letras e Inglés. Estas actividades desenrólanse no periódo de septembro a xuño. Unha das actividades a destacar é a Escola de Axedrez, a cal tén a sua sede na Asociación.
Cada ano a Asociación celebra eventos fixos, así no més de Xaneiro temos a festa dos nen@s (no marco das festas do Nadal e Reis). Nestas datas celébranse concertos de Corais e Bandas de Música. Durante o més de Xuño celébrase o Festival do Fin de Curso, coa intervención de tódolos alumn@s das actividades; o final do festival celébrase a tradicional sardiñada coa participación dos nosos grupos. Nesa semana, expóñense, no Salón Azúl, tódolos traballos manuais realizados durante o curso, tales como Corte e Confección, Bolillos, Patchwork, manualidades, debuxo e outros.
Cabe suliñar os bailes dos sábados pola tarde (que contan con actuación musical, sorteo de agasallos, …), a Festa de Fin de Ano ( actuación, cotillón, chocolatada,…), Entroido (concurso de disfraces para tódalas idades e baile), Dia dos Namorados (baile e diversión varia), Mártires de Sobredo (homenaxe e honra), Magosto (castañas asadas e baile), Día da Constitución (actuacións varias) e Festival da AVCD Lavadores (actuacións dos nosos grupos e de invitados).
A Asociación conta cunha Escola de Baile Galego, dirixida maxistralmente pola mestra Mercedes Dafonte (Merchy), unha Escola de Gaita, dirixida polo mestre Manolo Solla e unha Escola de Pandeiretas dirixida por Elena Perez (Leni).
O voceiro da Asociación Veciñal e a revista “LAVADORES”, que sae con carácter trimestral e vai dirixida ós soci@s das diferentes Institucións. A revista conta coa colaboración de diferentes patrocinadores comerciais que fan posible a sua autofinanciación.
O número de soci@s titulares nos ficheiros da Asociación alcanza o número de 3.129, sendo incluidos os soci@s familiares.